Published May 29, 2026 | Version v1
Poster Open

Repositorios culturais Síncrisis

Authors/Creators

  • 1. EDMO icon Santiago De Compostela University
  • 2. Grupo de Investigación Síncrisis

Description

O proxecto de “Repositorios Culturais Síncrisis” nace como unha ferramenta para 
facilitar o acceso á información e o traballo de investigación en Humanidades. A súa 
iniciativa parte do traballo desenvolvido no Grupo de Investigación da USC Síncrisis: 
Investigación en formas culturais, dende a facultade de Historia. A intervención amosará 
a creación e xestión dun sistema documental amplo, accesible, organizado e intuitivo
onde compilar gran cantidade de materiais culturais en formato dixital —monografías, 
imaxes e artigos— para a recuperación de información en rede. Tales Repositorios 
fornécense dende capacidade de centralizar e dar sentido ao patrimonio dixital, 
construíndo unha plataforma coa información contextualizada e conectada, que permite 
ao grupo de investigación a procura eficaz de materias, liñas de estudo e análises
transversais.


A presentación recollerá o camiño teórico e práctico na construción dun repositorio en 
rede que terá un impacto na optimización do tempo de procura, a localización das fontes
de estudio, a comparación de contidos e a promoción dos enfoques interdisciplinarios que 
fundamentan o grupo de investigación, ao funcionar como un espazo no que se recompila 
e preserva o patrimonio dixital, evitando que quede oculto en plataformas menos 
accesibles. A proposta percorrerá ademais a construción dunha ampla base de datos de
estrutura aberta e actualización continua que crecerá co traballo do propio grupo no 
desenvolvemento do proxecto.

Files

Illán Lorenzo_Olivia_III Xeira CLARAIAH-GAL.pdf

Files (1.6 MB)